O Concello

Departamentos

* CURSOS DE LINGUA GALEGA PRAPARATORIOS PARA AS PROBAS CELGA 2014 12/02/2014

CURSOS DE LINGUA GALEGA PRAPARATORIOS PARA AS PROBAS CELGA 2014

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de convocar cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.  

O concello quere solicitar os ditos cursos polo que abrimos prazo de inscrición para que as persoas interesadas vos anotedes.

Os cursos terán carácter gratuíto e 70 horas de duración. 

A realización dos cursos estará condicionada á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso necesario para a súa impartición e a que se manteña un mínimo de 20 persoas inscritas. Os cursos terían lugar nos meses de abril e maio.

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.   

Prazo de inscrición:  ata o 21 de febreiro ás 13:00 horas 


Máis información e inscricións: 
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal