O Concello

Departamentos

* PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS 11/02/2014

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 10 de febreiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

Requisitos das persoas aspirantes:

- Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no 2014.
- Non estar en posesión dotítulo de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
- Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2013/14.

 O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

 Poderán matricularse tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.

 Prazo de presentación de solicitudes: 17 ó 28 febreiro de 2014

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140210/AnuncioG0164-310114-0001_gl.pdf

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal