A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 7 de febreiro pola que se convocan as probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro.
Requisitos das persoas aspirantes:
- Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
-Non estar inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
- Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2013/2014 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
- O alumnado matriculado durante p curso 2013/14 na educación secundaria para persoas adultas poderán inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
• Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
• Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
Prazos de matrícula:
- Convocatoria de maio: 24 marzo ó 4 de abril de 2014- Convocatoria de setembro: 1 ó 10 de xullo de 2014
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140207/AnuncioG0164-300114-0001_gl.pdf
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORALCASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00