Convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2014
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 7 de febreiro o procedemento para a realización de exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2014 nas seguintes especialidades:
- Operador / a industrial de caldeiras
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
- Instalador / a de gas, categoría A
- Instalador / a de gas, categoría B
- Instalador / a de gas, categoría C
- Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
- Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
- Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
- Carné profesional de operador / a de guindastre torre
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
- Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
REQUISITOS:
- Estar en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente.
- Requisitos específicos que para cada especialidade se establezanna normativa vixente.
TAXAS DE EXAME: 38,37 €.
PRAZO:
- Convocatoria ordinaria: Do 10 ó 21 de febreiro de 2014
- Convocatoria extraordinaria: Do 1 ó 12 de xullo de 2014
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140207/AnuncioG0164-300114-0002_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00