O Concello

Departamentos

* PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS 30/01/2014

PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS

PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL OU DE VÍAS NON FORMAIS DE FORMACIÓN 

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do pasado 22 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais:  

Familia profesional:


-      Administración e xestión:

  • Actividades administrativas de recepción e relación co cliente
  • Actividades de xestión administrativa
-      Artes gráficas:
  • Tratamento e maquetaxe de elementos gráficos en preimpresión
  • Impresión dixital
-      Edificación e obra civil:
  • Cubricións inclinadas
  • Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas
  • Eficiencia enerxética de edificios
  • Representación de proxectos de edificación
  • Control de proxectos e obras de construción
  • Levantamentos e implantacións
-      Electricidade e electrónica:
  • Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios
  • Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
  • Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
  • Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión
  • Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
-      Fabricación mecánica:
  • Mecanizado por arranque de labra
  • Soldadura
  • Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
-      Hostalería e turismo:
  • Cociña
  • Repostaría
  • Servizos de bar e cafetaría
  • Servizos de restaurante
  • Recepción
  • Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos
-      Imaxe persoal:
  • Peiteado
  • Coidados estéticos de mans e pés
-      Industrias alimentarias:
  • Panadería e bolaría
  • Pastelaría e confeitaría
-      Informática e comunicacións:
  • Sistemas microinformáticos
-      Instalación e mantemento:
  • Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas
  • Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación – extracción
  • Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas
-       Madeira, moble e cortiza:
  • Mecanizado de madeira e derivados
  • Acabamento de carpintaría e moble
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintaría
  • Mecanización de madeira e derivados
  • Instalación de mobles
  • Instalación de elementos de carpintaría
-      Química:
  • Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos
  • Análise química
  • Ensaios físicos e fisicoquímicos
-      Sanidade:
  • Transporte sanitario
  • Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes
  • Farmacia
-      Servizos socioculturais e á comunidade:
  • Educación infantil
-      Transporte e mantemento de vehículos:
  • Pintura de vehículos
  • Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos
  • Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos
  • Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens da rodaxe de vehículos automóbiles
  • Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares
  • Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
 Requisitos: 
  • Nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.
·         Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición, 18 anos para as unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
·         Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. 
·         Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para unidades de competencia de niveis II e III, e para unidades de competencia de nivel I, xustificar polo menos 2 anos cun mínimo de 1200 horas traballadas en total.
·         Formación non formal: xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III,nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neles. 
·         Non estar matriculado / a e / ou cursando formación conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicite a súa inscrición. 

Prazo:
 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da orde no DOG. (finalización 21 de febreiro

Importante: é obrigatorio emprega-la aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación deberase imprimir para a súa presentación, dirixida á secretaría do centro onde se vaia desenvolver o proceso.  

ENLACE Á ORDE DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140122/AnuncioG0164-150114-0005_gl.pdf

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA E APLICACIÓN INFORMÁTICA
http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746 
 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00   


© by Abertal