O Concello

Departamentos

* CAMARIÑAS PRESENTE EN FITUR 2014 23/01/2014

CAMARIÑAS PRESENTE EN FITUR 2014

O Concello de Camariñas está presente dentro do estand COSTA DA MORTE en FITUR, Feira Internacional de Turismo de Madrid que celebra a súa 34ª edición do 22 ao 26 de Xaneiro de 2014 no recinto feiral de Ifema.  

Durante tódolos días de Fitur, Beatriz Dios  e Pilar Gandara, dúas expertas palilleiras de Camariñas, realizarán unha mostra en vivo desta actividade artesá.  Ademais, regalarán entradas gratuítas para a Mostra de Encaixe ás persoas que se acheguen. Para obter estas entradas só deberán ensinar nos seus móbiles un pantallazo de calquera dás páxinas web oficiais do Concello de Camariñas (www.mecam.net; www.rutadelosnaufragios.com; www.camarinas.net )  

Hoxe xoves 23 de xaneiro,  ás cinco da tarde no estand Costa da Morte, presentarase o programa de actividades  de promoción turística e de encaixe Camariñas, o mar todo  

Programa do acto:  

- Camariñas, todo mar. Natureza e naufraxios. Santiago Garrido, redactor en La Voz de Galicia.(www.rutadelosnaufragios.com)  

- Programa de actividades do 80º aniversario dá declaración de Cabo Vilán como Sitio Natural de Interese Nacional. Sabela Rodriguez, técnica de turismo dá Asociación de empresarios e de promoción turística de Camariñas.(www.farovilan.com)    

- web 2.0. de promoción e venda dá marca Encaixe de Camariñas, Produto de Calidade. Manuel Pan, xerente da empresa Abertal.(www.mecam.net)    

- XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas. Modesto Lomba, deseñador e presidente dá Asociación de Creadores de Moda de España(www.camarinas.net )  

- Clausura do acto: Manuel Valeriano Alonso de León. Alcalde de Camariñas  

- Aperitivo "Camariñas o mar todo". Degustación de produtos elaborados polas conserveira Industrias Cerdeimar de Camariñas.  

Nesta presentación unha modelo profesional mostrará o vestido de noiva do deseñador Franco Quintáns, motivo principal do cartel da Mostra de Encaixe de Camariñas deste ano. Este vestido de cerimonia reproduce un dos deseños tradicionais galegos e está adornado cun velo de encaixe de Camariñas.

Ligazóns relacionadas


© by Abertal