O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 20 de decembro unha resolución pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das seguintes categorías sanitarias:
- Técnico / a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico / a superior en hixiene bucodental
- Técnico / a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico / a superior en imaxe para o diagnóstico clínico- Técnico /a superior en radioterapia
As lista provisional de admitidos / as e excluídos / as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópase publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado pola/o solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
As persoas interesadas poderán presentar reclamación contra a resolución provisional de admitidos / as e excluídos / as e os resultados provisionais de baremación, ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
As persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131220/AnuncioG0003-161213-0002_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800