O Concello

Departamentos

* Listaxes definitivas da Xunta de Galicia reguladas polo decreto 37/2006 18/12/2013

Listaxes definitivas da Xunta de Galicia reguladas polo decreto 37/2006

No DOG (Diario Oficial de Galicia) do día 13/12/2013 sae publicada unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listaxes definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia elaboradas segundo o establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, de 2 de marzo.

As persoas anotadas no 2013 podedes consulta-las listas definitivas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web www.xunta.es na epígrafe Función Pública. 

As listaxes indican:

- Os / as solicitantes admitidos / as na lista con indicación da puntuación
- Os / as solicitantes excluídos /as con expresión da causa de exclusión 

As persoas excluídas dispoñedes dun mes (contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG) para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición. 

Debedes consignar:

-  Nome e apelidos   
-  NIF   
-  Número de conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta.  
-  Copia compulsada do modelo de autoliquidación da taxa   

Contra esta resolución as persoas interesadas poderá interpor un recurso de alzada ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.   

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG  
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131213/AnuncioCA01-101213-0001_gl.pdf

ENLACE Á PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA PARA CONSULTA-LAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal