Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Termalismo Social do Imserso para o ano 2014
Requisitos:
Ser Pensionistas da Seguridade Social de xubilación ou de invalidez e, de viudedade ou doutras pensións sempre e cando o beneficiario teña cumpridos os 60 anos.
Ser españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
Non padecer doenzas mentais graves nin enfermidade infecto-contaxiosa.
Valerse por si mesmo para as tarefas da vida diaria.
Acadar a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitados, de conformidade coa baremación esixida.
Se admitirá como acompañante o/a cónxuxe aínda que non alcance a idade sempre que cumpra o resto dos requisitos.
Quendas: de 12 días (11 noites) ou 10 días (9 noites), realizaranse en réxime de pensión completa en habitacións dobres e de uso compartido.
Prezo: varía en función do balneario e do mes solicitado.
Documentación: DNI da persoa solicitante e do/a cónxuxe, clase de pensións que perciben coa contía mensual e, unha declaración xurada que está no reverso da solicitude.
Prazo e lugar da solicitude: para as quendas de febreiro a agosto ata o día 16 de xaneiro de 2014 (con prioridade na adxudicación de praza) e, para a súa inclusión na Lista de Espera ata o 16 de maio de 2014; para as quendas de setembro a decembro ata o día 16 de maio de 2014 (con prioridade na adxudicación de praza) e, para a súa inclusión na Lista de Espera ata o 30 de outubro de 2014, nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello ou directamente na sede electrónica do Imserso: www.imserso.es.
Camariñas, 17 de decembro de 2013
A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Saúde e Deportes
Mª Carmen Linares Chica