O Concello

Departamentos

* O CONCELLO DE CAMARIÑAS COLOCA 40 CONTEDORES AMARELOS MÁIS 04/12/2013

O CONCELLO DE CAMARIÑAS COLOCA 40 CONTEDORES AMARELOS MÁIS

Este martes o Concello de Camariñas ven de reforzar a recollida selectiva de envases lixeiros.

Tíñamos 90 contedores amarelos e agora colocáronse 40 contedores máis por todas as parroquias. Aumentamos en máis dun 40% os puntos nos que os veciños poden separar. Estes contedores compráronse co Fondo de Compensación Ambiental.

Temos un obxectivo, e é chegar a poñer un contedor amarelo ao lado de cada verde. Con isto facemos máis fácil a labor de separar dos cidadáns.

Separar é moi importante. Hai que lembrar que só pagamos polo que poñemos no contedor verde. Polo que poñemos nos iglús de vidro, de cartón ou no amarelo non se paga, salvo que poñamos algo impropio.


Para recordar:


Ao contedor de vidro só vai o vidro.

Ao contedor de papel-cartón só vai o papel e o cartón.

Ao contedor amarelo van os envases. Isto é máis difícil, a que se chaman envases? Pois son envases as botellas de plástico, os briks de zumo ou de leite, as latas de conserva ou de refrescos, os aerosois, as bandexas de plástico, as bolsas do supermercado, os envoltorios de plástico, o papel de aluminio, o film e os tapóns.

Se poñemos algo distinto nestes contedores pagamos unha multa. Esa multa, o que lle pagamos a Sogama polo que vai no contedor verde, os camións e o persoal de recollida de lixo é o que se paga no recibo do lixo.

Non sabemos aínda como vai quedar o tema do aumento do canon de Sogama. Dende o Concello de Camariñas estamos en contra desta subida desmesurada e o noso Alcalde xunto con outros máis estan loitando para que non se suba.

Mentres non sabemos o resultado desta loita contra a subida do canon de Sogama, podemos intentar rebaixar o recibo actual do lixo concienciándonos. Podemos separar ben e intentar non abusar do contedor verde. Podemos tamén, en vez de tirar a herba cortada no contedor, colocala nun composteiro ao que tamén poden ir os restos orgánicos e facer un abono natural e rico en nutrientes.

O Concello de Camariñas fixo varias campañas de concienciación nas escolas, aumentamos o servizo de recollida de envases lixeiros a semanal cando antes viñan cada 15 días e fixemos algún programa de compostaxe. Pero separar está na túa man.


© by Abertal