A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 14 de novembro unha resolución pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Ámbito territorial: único para toda a Comunidade Autónoma de Galicia
Requisitos:
- Idade: Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Nacionalidade:
v Ter a nacionalidade española
v Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea
v Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/asv Tamén poderán participar, calquera que for a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
- Titulación académica: estar en posesión do título de bacharelato, técnico superior ou equivalentes
- Permiso de conducir: permiso de conducir da modalidade B
- Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
- Habilitación: non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo e calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou argos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de funcionarios.
- Coñecemento da lingua galega: estar en posesión do Celga 4 ou equivalente.
- Requisitos específicos de titulación:
v Postos de patrón: titulación profesional de patrón de pesca de altura ou patrón maior de cabotaxe ou calquera outra titulación náutica que teña atribucións profesionais de despacho de buques igual ou superior ás anteriores
v Postos de mecánico: titulación profesional de mecánico naval maior ou mecánico naval de primeira ou calquera outra titulación náutica que teña atribucións profesionais de despacho de buques con potencia motriz igual ou superior ós anteriores
v Postos de mariñeiro: titulación profesional de mariñeiro pescador ou certificado de competencia de mariñeiro ou equivalente.
Fin do prazo: 26 de novembro de 2013
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131114/AnuncioCA01-111113-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA PARA XERA-LA SOLICITUDE:
http://funcionpublica.xunta.es/?q=tipo_solic_listas
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00