O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 14 de novembro unha resolución pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade das seguintes categorías sanitarias:
- Fisioterapeuta
- Terapeuta ocupacional
- Técnico/a superior en documentación sanitaria
- Técnico/a superior en dietética e nutrición
- Técnico /a en farmacia
As listas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o xulgado do contencioso–administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.
As persoas admitidas, con respecto ós resultados da baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada, direccións provinciais do organismo e direccións con competencias en xestión do persoal no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131114/AnuncioG0003-071113-0002_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00