Publícanse no taboleiro de edictos municipal e no taboleiro de anuncios da sede electrónica os seguintes anuncios:
Aprobación da lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos no procedemento de selección de dous peóns para prestación do servizo "Protección, mellora e posta en valor de espazos e recursos naturais de Camariñas" subvencionado ao abeiro do programa de Cooperación (Orde de 3 de maio de 2013).
As persoas excluídas teñen 2 días para subsanar erros.
Aprobación da lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos no procedemento de selección de dous peóns para prestación do servizo "Mantemento e revalorización de zonas públicas" subvencionado ao abeiro do programa de Cooperación (Orde de 3 de maio de 2013).
Todos os que se presentaron foron admitidos. Teñen que presentarse o venres 22 de novembro de 2013 ás 9:00 na Casa do Concello provistos do DNI para a realización do exercicio previsto na base 6ª da convocatoria.