O Concello

Departamentos

* ESPECTÁCULO DE MAXIA CHRYSTYAN MAGIC: ATRAPADO NA TORRE 10/11/2010

ESPECTÁCULO DE MAXIA CHRYSTYAN MAGIC: ATRAPADO NA TORRE

Dentro do programa de dinamización lingüística BOCABERTA a Xunta de Galicia, a editorial Everest e o Concello de Camariñas organizan o espectáculo de maxia Atrapado na Torre do animador Crystyan Magic.

O espectáculo realizarase o sábado 13 de novembro ás 12h na Casa de Pedra de Camariñas.

Público recomendado: familiar

Contido:

"Atrapado na Torre" é un espectáculo de dinamización da lingua creado a través da imaxinación, creatividade e baseado na maxia que se pode desprender da lectura. Mediante a sucesión de xogos de maxia, Chrystyan tentará descubrirlles aos nen@s a ilusión, a fantasía e a maxia  agochada nos libros e nos contos, con historias máxicas baseadas precisamente no libro "Chrystyan Magic , atrapado na Torre" e mediante os nosos propios contos, que poderemos crear grazas á participación dos nen@s. Un espectáculo que ten como obxectivo espertar o torrente imaxinativo dos rapaces, descubrir o pracer da lectura e presentar a maxia como un atractivo e novo xeito de animación á lectura.


© by Abertal