Os trasnos chegan a Arou
Os trasnos, persoas amantes do sendeirismo e da Costa da Morte, chegarán o próximo sábado 26 de outubro a Arou.
Esta vai ser a 4ª etapa do Camiño dos Faros. O Camiño dos Faros é unha ruta de senderismo de 200 kilómetros que une Malpica con Fisterra pola beira do mar. Un camiño que ten o mar como maior protagonista e que pasa por todos os faros e principais puntos de interese da Costa da Morte.
Esta 4ª etapa é a máis corta do Camiño dos Faros, 17,2 Km que unen Laxe con Arou.
Próximamente faranse outras dúas etapas que pasan polo Concello de Camariñas, a 5ª etapa, de Arou a Camariñas e a 6ª etapa, de Camariñas a Muxía.
Todo o mundo está invitado a participar. Só hai que aparecer no punto de quedada en Arou, no Bar Galicia, ás 9 da mañá. Dende alí sairá un bus ao punto de partida en Laxe. O coste do bus son 3 euros.
Os trasnos non son unha asociación, é unha quedada e cada un faise responsable de sí mesmo. Esa é a frase que usan os trasnos, como se fan chamar, baixo a excelente xestión de Traski, o trasno da Costa da Morte.
Dende o Concello de Camariñas animamos aos veciños a participar nesta e en todas as etapas e agradecemos a Traski por esta iniciativa.
Máis información en facebook.com/guiacostadamorte