O Concello

Departamentos

* SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (PEÓNS) - ACTUALIZACIÓN 16/10/2013

SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (PEÓNS) - ACTUALIZACIÓN


------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ACTUALIZACIÓN:

Publicado no taboleiro do Concello de Camariñas a listaxe de candidatos/as remitida pola oficina de emprego para oferta de 2 prazas de peóns de obras públicas e 2 prazas de peóns forestais para o Concello de Camariñas. O prazo para que as persoas candidatas presenten a documentación requirida, remata aos 3 días hábiles contados a partir da publicación no taboleiro de anuncios do Concello da relación de aprobados.

https://sede.camarinas.net/gl/informacion/tablon/Noticia_Personal_006.html

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

En xuño deste ano 2013 o Concello de Camariñas solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a contratación de persoal laboral temporal dentro do programa Cooperación 2013.

Solicitamos 10 peóns e 3 técnicos a xornada completa 12 meses. Hai uns días a Xunta de Galicia concedeunos esta subvención pero recortóunola a 4 peóns a media xornada e 4 meses.

Hoxe, 16/10/2013 publicamos no taboleiro de edictos do Concello as bases que se adxuntan para a contratación de 2 peóns de obras públicas e as bases para a contratación de 2 peóns forestais.

O Concello formulará a partir do día 22/10/2013 dúas ofertas xenéricas de emprego ante a Oficina Pública de Emprego de Cee, unha mediante o código 96011029 “Peón de obras públicas en xeral” e outra mediante o código 95431028 “Peón forestal”. As persoas interesadas que non teñan xa estes códigos terán que ir a Cee apuntarse.

A Oficina Pública de Emprego remitirá unha pre-selección de candidatos que o Concello de Camariñas fará pública mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, e a efectos únicamente informativos na web municipal www.camarinas.net. As persoas interesadas incluídas na lista enviada por Cee disporán de 3 días hábiles para presentar a documentación indicada nas bases.

Características da oferta:

Tipo de contrato: obra ou servizo de interese social (Programa Cooperación 2013 da Xunta de Galicia).

Número de prazas: 2 peóns de obras públicas e 2 peóns forestais

Xornada: a tempo parcial (50%)

Duración: 4 meses

Salario bruto mensual: 669.63 €/mes, incluíndo o prorrateo correspondente ás pagas extraordinarias


"Para tramitar a solicitude pode dirixirse ao portelo do Concello de Camariñas ou á Sede Electrónica no apartado de Convocatoria de persoal. Os vindeiros anuncios sobre esta convocatoria (lista de admitidos e excluídos, datas das probas, resultados...) publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e a título méramente informativo na Sede Electrónica no apartado de Taboleiro de anuncios . 


Descargas relacionadas


© by Abertal