O Concello

Departamentos

* ACTIVIDADES PARALELAS 08/10/2013

ACTIVIDADES PARALELAS

Aproveitando o Torneo Internacional de Xadrez “Entre Faros” que se desenvolverá os días 8, 9 e 10 de outubro no Concello de Camariñas, realizaranse actividades paralelas :

O martes 8 de outubro de 12h00 a 12h30, os alumnos/as de 3º e 4º de primaria do colexio CEIP O Areal de Camariñas,  poderán participar das charlas de Grandes Maestros Internacionais ademais de recoñecidos axedrecistas como David Lariño, que é campión de España de rápidas, de Luis Medarde que formaba parte dos Increíbles e Óscar Prado.

O mércores 9 esta actividade terá lugar no instituto Pedra da Aguia, de Ponte do Porto con todo o alumnado a partir das 10h25.

O xoves 10 repetiremos de 12h00 a 12h30, no colexio CEIP O Areal con outro grupo de alumnos/as de 5º e 6º.

Ademais, teremos o prazer de escoitar, o mércores día 10 de outubro, o recoñecido forense xenético e referencia en genómica comparada e de población D.ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, que impartirá unha charla nas instalacións do Faro Vilán titulada “faros, mar e vida”, a partir das 17 horas.

Un saludo.    
Mª del Carmen Linares Chica
Concello de Camariñas


© by Abertal