O Concello

Departamentos

* Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos 01/10/2013

Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos

O 25/09/2013 saíron publicadas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente e de persoas excluídas por incompatibilidade para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2013 (DOG 20 de maio).

Contra as listaxes definitivas publicadas pódese presentar recurso de alzada perante o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segundo o establecido nos Artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pode empregar a aplicación para xerar o escrito de recurso no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú<<Xestión de emendas e de reclamacións>>.

Nas listaxes definitivas figuran as persoas solicitantes agrupadas por sede, ciclo formativo, unidade de competencia e estado.

Enlace onde consultar as listas:
http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion-competencias-listaxes-definitivas-admitidos-excluidos

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal