O Concello

Departamentos

* SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (ANIMADOR/A) - RESULTADOS CONCURSO - 13/09/2013

SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (ANIMADOR/A) - RESULTADOS CONCURSO -

O Concello de Camariñas publicou hoxe no BOP a convocatoria e bases que rexerán o procedemento de selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso, dun/ dunha animador/a cultural.  

O enlace á convocatoria é o seguinte: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/09/13/2013_0000011215.pdf  

A duración do contrato será o tempo preciso para o desenvolvemento e execución das actuacións que se recollen na base primeira, en todo caso a contratación non irá máis alá do 31 de decembro de 2013.  

As solicitudes presentaranse no modelo que se achega como anexo ás bases, dirixidas ao señor Alcalde-Presidente, presentaranse no Rexistro Xeral en horas de oficina, durante o prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (publicouse o 13/09/2013).  

Onte, día 12 de setembro, activouse a sede electrónica do Concello de Camariñas. Pódese acceder a ela a través da web municipal www.camarinas.net. Na sede electrónica hai un apartado de convocatorias de persoal onde comezaremos a publicar as ofertas de emprego público do Concello de Camariñas.

É importante que os aspirantes comproben o taboleiro de anuncios municipal no que se colgará toda a información relativa ás convocatorias de persoal.

Descargas relacionadas


© by Abertal