O Concello

Departamentos

* TURISMO CAMARIÑAS 23/08/2013

TURISMO CAMARIÑAS

Máis de 7.500 turistas pasaron por Camariñas na primeira quincena de agosto  

Na primeira quincena de agosto os puntos de información turística que hai no Concello de Camariñas atenderon a un total de 7.513 consultas. Unha cantidade superior as mesmas datas do ano pasado e ao mes anterior deste ano.

En Camariñas hai 4 puntos de información turística. Dous municipais, na caseta situada no paseo marítimo e outro no Museo do Encaixe, un da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas situada no interior do Faro Vilán e outro da Asociación Neria na entrada do propio Faro Vilán.

Máis de 67 turistas de media ao día teñen acudido á caseta de información turística e máis de 433 visitantes de media ao día pasan polo Faro Vilán.

Este ano cóntase co traballo dos informadores: Elba, Rosa, Sergio, Uxía, Sabela, Fátima e Maribí.

O 89% destes visitantes son nacionais, aínda que o 16% son galegos. O turista madrileño (20%) e catalán (11%) son os que máis visitaron Camariñas nesta quincena de agosto.

As persoas domiciliadas fóra de España manteñen valores que superan o 10%, como en anteriores anos. Segue a ser os franceses, alemáns e italianos os que máis predominan. De todos os xeitos o turismo estranxeiro adoita a ser máis numeroso no mes de setembro.

O turismo adoita a vir en parella e solicitan fundamentalmente información sobre puntos a visitar en Camariñas e na Costa da Morte. Observamos no grafico a distribución do turismo por lugar de procedencia.


© by Abertal