Hoxe, mércores 21 de agosto o Alcalde acompañado de Sandra Insua, Mª Carmen Linares e Sergio Caamaño visitaron as instalación onde se imparte o curso de Ebanistería.
Este curso, pertencente ao programa de Accións Formativas dirixidas para Desempregados, foi solicitado polo Concello de Camariñas á Xunta de Galicia. Ebanistería é unha especialidade formativa prioritaria da Comarca Terra de Soneira, segundo a Xunta de Galicia, e Camariñas é o único centro homologado pola Consellería. Non entanto, fai máis de 3 anos que a Xunta non concedía este curso prioritario a Camariñas.
14 alumnos están a adquirir os coñecementos necesarios para sacar o carné profesional de ebanista.
O Alcalde de Camariñas, Manuel V. Alonso, alentou aos alumnos a aproveitar esta oportunidade de aprender. “A formación é moi importante, e hoxe en día máis. Levamos moitos anos pedindo este curso, xunto con moitos outros. Recentemente nos acaban de informar que nos concederon un obradoiro. Gustaríame que estas actividades formativas non foran puntuais e poder contar cada ano con alo menos seis meses de cursos orientados a futuros profesionais.”