O 16 de agosto reuníronse os alcaldes de Zas e Camariñas e o Tenente de Alcalde de Vimianzo para tratar sobre o proxecto “Obradoiro de Emprego Terra de Soneira 2013-2014” concedido recentemente pola Xunta de Galicia
No seu momento xa se habían reunido para solicitar en común dito obradoiro para 45 alumnos e tres módulos formativos: Interpretación e Educación Ambiental, Confección e publicación de páxinas web e Limpeza en espazos abertos e instalacións.
A subvención concedida pola Xunta de Galicia só alcanza para 22 alumnos e dous módulos formativos, polo que os tres concellos acordaron, entre outros asuntos, renunciar ao último módulo Limpeza en espazos abertos e instalacións.
A espera da resposta por parte da Xunta de Galicia e de máis indicacións, recomendamos ás persoas interesadas que vaian á oficina de emprego de Cee a apuntarse como demandante de Obradoiros de Emprego.