Dentro do programa “Dinamización de destino turístico: Camariñas” cofinanciado pola Deputación de A Coruña e coa participación do Concello de Camariñas e de la Asociación de Empresarios de Camariñas, do 29 de outubro ao 1 de novembro, o Concello de Camariñas estará presente en EXPOGALAECIA, Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía que se celebrará en Vigo. Previse a asistencia de máis de 50.000 visitantes e Tour Operadores e Axencias de Viaxes de Francia, Bélxica, Portugal e España.
Na mañá do venres 29 de outubro estas axencias reuniranse con hostaleiros de Camariñas para pechar negocios mediante unha axenda con citas pechadas pola organización do salón. A participación nestas mesas de contratación é gratuíta, correndo o Concello de Camariñas coa inscrición na feira e có estand. Tamén se contratará a unha interprete que permita a comunicación coas axencias e tour operadores estranxeiros.
As empresas asistentes de Camariñas son:
Hotel Residencia O Parranda S.L.
Hotel Rústico Lugar Do Cotariño
Pizzería Pensión Stella Del Mare
Pensión Residencia Restaurante 4 Ventos
Casa Sara. Restaurante Parrillada Pensión
Café Bar Restaurante Victoria
Hospedaxe Plaia
Autos Fondo
Asociacion de Empresarios de Camariñas
O estand contará tamén coa presenza de palilleiras da Asociacion Rendas Camariñas.