O CONCELLO CONTRATOU A UNHA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
O Concello de Camariñas, xunto con varios concellos de Galicia, decidiu subscribir un convenio ca Consellería do Medio Rural e do Mar para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.
Despois da firma do convenio fíxose a selección de persoal a través dunhas bases que foron publicadas no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e a web municipal www.camarinas.net.
A brigada municipal está composta por 5 membros e as súas labores son a vixilancia e defensa contra os incendios forestais e labores encamiñadas á prevención que diminúan o risco de propagación e minoren os danos dos incendios, traballos que se desenvolverán en faixas de xestión de biomasa e nos terreos forestais de titularidade municipal.
O Concello de Camariñas garante a colaboración e coordinación co despregue de medios do Distrito Forestal V, tanto na vixilancia e defensa coma na elección dos traballos de prevención.
Actualmente a brigada municipal atópase no monte das Seixas desenvolvendo labores de prevención.