O Concello

Departamentos

* SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL 12/07/2013

SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

Selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Camariñas.

O Concello de Camariñas publicou as bases para a selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Camariñas.

O prazo de inscrición empeza mañá 12 de xullo e remata o 18 de xullo ás 13 horas.

Hai 1 praza de xefe de brigada, 1 praza de peón conductor e 3 prazas de peóns.

Para presentarse hai que presentar o modelo de solicitude que aparece ao final das bases cuberto, copia compulsada do dni e certificado médico ou informe de saúde no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a relaización das tarefas proias do posto e para a realización dos exercicios físicos da proba de oposición.

A maiores, no caso da praza de peón condutor será necesaria a presentación da copia compulsada do carné de conducir clase B. E no caso do xefe de brigada será necesaria a presentación da copia compulsada do carné de conducir clase B e da titulación que se especifica nas bases correspondentes.

É importante que a partir do día 18 os aspirantes comproben o taboleiro de anuncios municipal no que se colgarán a lista de admitidos e os días e lugares das probas.

Descargas relacionadas


© by Abertal