O Concello

Departamentos

* Turismo Social para Maiores 28/06/2013

Turismo Social para Maiores

Está aberto o prazo para  solicitar praza no programa de Turismo Social para Maiores ( Vacacións do Imserso) temporada 2013/2014

Requisitos:

- Ter como mínimo 65 anos cumpridos
- Ser pensionistas de xubilación do Sistema Público de pensións.
- Outros pensionistas do Sistema Público de pensións e prexubilados, con 60 anos cumpridos.
- Ser pensionista de viuvez con 55 anos cumpridos.

Os cónxuxe non precisan reunir os requisitos de idade e pensión. Así mesmo, se admitirá como acompañante a un/unha fillo/a con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior o 45 %; deberá valerse por si mesmo e non padecer alteracións de comportamento que lle impidan a normal convivencia nos hoteis.

Destinos:       

-    Opción A:
Península o Baleares.
-   Opción B: Canarias, Circuítos Culturais e Turismo de Natureza.  

Prazo: Ata o día 12 de xullo do 2013  nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello, para máis información poderán chamar o teléf.: 981 73 70 04. Tamén poderán facer a solicitude telematicamente a través da Sede Electrónica do Imserso: www.imserso.es.                                                        

Camariñas,  27 de xuño de 2013

A concelleira de Servizos Sociais,
Igualdade, Saúde e Deportes    
Mª Carmen Linares Chica

Descargas relacionadas


© by Abertal