O próximo 27 de Xuño ás oito da tarde na Casa de Pedra o Concello de Camariñas organiza unha reunión veciñal para falar sobre o PEPRI.
O PEPRI é o Plan Especial do Casco Histórico de Camariñas e que está redactando a empresa Consultora Galega.
Na reunión estarán os técnicos da empresa redactora que informarán sobre a elaboración do plan. A parte máis importante da reunión será a participación cidadá.
O Concello de Camariñas quere escoitar a opinión dos propietarios e veciños que viven actualmente na zona do casco. A zona do casco vello aparece marcada no cartel que se adxunta.
Ao rematar a reunión repartirase unha enquisa con preguntas como en que aspectos debería centrarse unha intervención no casco ou que valores ofrece agora o casco histórico e cales se deberían potenciar.