O Concello

Departamentos

* III MARATÓN FOTOGRÁFICO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS “IMPLÍCATE” 05/10/2010

21 de novembro de 2010

Cartel  III Maratón fotográfico “Implícate”

"No pretendo que las mujeres tengan poder sobre los hombres sino poder sobre sí mismas"
Simone de Beauvoir


Con ánimo de continuar o traballo de sensibilización, promoción e implicación da igualdade de oportunidades, a Área de Igualdade do Concello de Camariñas organiza o III Maratón fotográfico “Implícate”.

O Maratón fotográfico terá lugar o día 21 de novembro dende as 10:30 ata as 20:30h. O prazo de inscrición comeza o día 1 de outubro ata o día 16 de novembro. A inscrición pode facerse persoalmente na casa de pedra (área de Igualdade), por correo electrónico, por Fax, ou por correo certificado.

Só se poderá participar en categoría de fotografía dixital. O primeiro premio a mellor fotografía será de 1.000€, o segundo de 400€ a segunda mellor fotografía e haberá dous premios especiais a mellor fotografía realizada por unha persoa do concello de Camariñas: Unha consistirá en 100€ en efectivo a mellor fotografía, e outra será 100€ a segunda mellor fotografía a gastar en calquera establecemento do concello de Camariñas.

As persoas participantes deberán realizar catro fotografías, dous por grupo temático. Os grupos temáticos serán a VISIBILIZACIÓN e a IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. Os temas concretos serán facilitados pola organización o mesmo día da maratón. Todas as fotografías deberán realizarse dentro dos límites do concello de Camariñas.

Para calquera dúbida ou consulta chamar ao teléfono 981 73 70 04 preguntando pola técnica de igualdade.

Esperamos que se faga honor ó título da maratón “IMPLÍCATE” e todos e todas participen nesta actividade que esperamos sexa un motivo de encontro para a ledicia e a celebración do desexo de igualdade para todos e todas.

Descargas relacionadas


© by Abertal