O Concello

Departamentos

* Probas selectivas ingreso directo Garda Civil 19/06/2013

Probas selectivas ingreso directo Garda Civil

O Ministerio de Defensa vén de publicar no BOE (Boletín Oficial del Estado) do 17 de xuño a Resolución pola que se convocan probas selectivas para o ingreso directo, polo sistema de concurso – oposición, nos centros docentes de formación, para a incorporación á Escala de Cabos e Gardas do Corpo da Garda Civil. 

Prazas convocadas: 134 para ingreso directo na Escala de Cabos e Gardas da Garda Civil, distribuídas da seguinte forma: 

a)   Sesenta e sete (67) prazas para militares de tropa e mariñeiría das Forzas Armadas que leven, como mínimo, cinco anos de servizo como tales o día 7 de outubro de 2013, data prevista de incorporación ó centro docente de formación.

b)  Vinte e seis (26) prazas para os alumnos do Colegio de Guardias Jóvenes.

c)   Corenta e unha (41 prazas libres) 

As prazas reservadas para militares de tropa e mariñeiría e para os alumnos do Colegio de Guardias Jóvenes  que non sexan cubertas por calquera motivo, acumularanse ó cupo de prazas libres. 

Prazo de presentación de instancias: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó de publicación desta Resolución do Boletín Oficial del Estado. 

RESOLUCIÓN DO BOE:
http://www.boe.es/boe/dias/2013/06/17/pdfs/BOE-A-2013-6555.pdf


© by Abertal