O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de xuño unha resolución pola que as persoas anotadas nas listas de vinculacións temporais do Servizo Galego de Saúde segundo a resolución do 15 de febreiro de 2013, xa podedes consultar as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas seguintes categorías:
- Técnica / o superior de sistemas e tecnoloxías da información.
- Técnica / o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
- Técnica / o especialista de sistemas e tecnoloxías da información.
- Cociñeira / o
- Pinche
As listas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado pola/o solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada, direccións provinciais do organismo ou direccións con competencias en xestión do persoal no suposto das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
As persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
As persoas solicitantes que, dentro do prazo indicado nesta resolución, non emenden o/s defecto/s motivo da exclusión, serán definitivamente excluídas da participación neste proceso de selección.
As persoas que formalizasen a súa solicitude de inscrición nas listas correspondentes a estas categorías con posterioridade ao 25 de marzo de 2013 incluiranse na relación de admitidos / as excluídos/ as do seguinte proceso de xeración de listas que se efectúe.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130613/AnuncioG0003-070613-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00