O Concello

Departamentos

* CURSO DE EBANISTERÍA GRATUÍTO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS 05/06/2013

CURSO DE EBANISTERÍA GRATUÍTO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia concedeu curso de Ebanistería dentro das accións formativas prioritarias para persoas desempregadas solicitadas polo Concello de Camariñas.

Ata o venres 7 de xuño teñen de prazo as persoas interesadas para solicitar este curso na oficina de emprego.

Acción formativa: Ebanistería  

Código: MAMS40 

Duración:
818 horas 

Data de inicio:
26 de xuño ata o 13 de decembro 

Horario:
8 horas polas mañás de luns a venres 

Solicitude de inscrición
ata o venres 7 de xuño na Oficina de emprego de Cee ou a través do Portal de Emprego da Xunta de Galicia (emprego.xunta.es) se contas con clave de acceso. 

As persoas que superen o curso con éxito poderán solicitar certificado de profesionalidade.  

MÁIS INFORMACIÓN CURSOS AFD:
http://traballo.xunta.es/afd
 

PORTAL DE EMPREGO DA XUNTA DE GALICIA
http://emprego.xunta.es/cmspro/contido

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL

CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal