O Concello

Departamentos

* VAI REMATANDO O CURSO ESCOLAR 04/06/2013

VAI REMATANDO O CURSO ESCOLAR

Rematou Maio e con el vai rematando o curso escolar.Coma aquel que di ,hai tres días que estábamos deseñando as actividades educativas que poderíamos ofertar o longo deste curso e xa estamos as portas do remate.

Entre as actividades máis destacadas e que máis lles chamaron a atención os nosos pequenos e pequenas sen dúbida están os talleres de educación viaria.

Os axentes da policía local do noso concello achegáronse as clases para explicarlle o alumnado de 1º e 2º de primaria dos colexios O Areal de Camariñas e O Allo de Ponte do Porto :

  • Os distintos tipos de vías e medios polos que se moven os peóns.Especialmente a diferenza entre estrada e rúa.
  • Comportamentos axeitados dos peón. Medidas de seguridade,como debemos cruzar nos pasos de peóns....
  • As normas de respecto os outros viandantes
  • Normas de uso da bicicleta .
  • Nocións básicas sobre as vías urbanas. Utilización dos semáforos, pasos de peón, indicación dos axentes de trafico….
  • Comportamentos axeitados cando somos ocupantes dun vehículo. Uso do cinturos de seguridade, como baixar do vehículo...
Como vedes na imaxen os rapaces e rapaces estaban do máis interesados e seguro que algún e algunha o chegar a casa nos deron unha lección do que non debemos ou debemos facer cando vamos polas rúas ou estradas.  

Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos sociais,
igualdade, saúde e deportes
Concello de Camariñas


© by Abertal