A Xunta de Galicia a través da Consellería de Facenda vén de publicar unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 29 de maio de 2013 pola que fai pública a actualización definitiva de méritos correspondentes ó ano 2012 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.
As listas atópanse a disposición da persoas interesadas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustina, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais a Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia www.xunta.es na epígrafe Función Pública.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130529/AnuncioCA01-200513-0001_gl.pdf
CONSULTA DAS LISTAS
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00