Durante os meses de maio e xuño o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT da Xunta de Galicia organizarán varios cursos de informática básicos no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde).
O primeiro curso será de iniciación a informática e realizarase o 2, 3 e 6 de maio de 17:00 a 19:00.
As prazas para os cursos son limitadas polo que é necesario preinscribirse ata 2 días antes do inicio de cada curso. A preinscrición e máis información farase na aula de informática do Centro de Iniciativas de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 de luns a venres, ou no teléfono 981 73 65 06, ou no email cemit.camarinas@xunta.es
Ademais deste cursos tódolos días, de luns a venres, na aula de informática temos o servizo de aula aberta na que poderás dispor dun ordenador con conexión a internet, o asesoramento dun axente TIC e participar na teleformación da rede CeMIT.
Ata finais de xuño os cursos que impartiremos son básicos e dirixidos a aquelas persoas que queiran aprender a andar cun ordenador de forma segura e a manexar o correo electrónico, os procesadores de texto e as redes sociais (facebook, tuenti,…)
Nos vindeiros meses impartiremos cursos máis avanzados, algúns dirixidos a autónomos e pequenas empresas e outros a público en xeral, polo que convidamos aos futuros interesados a que veñan pola aula de informática para consultar que cursos impartiremos e incluso a propoñer algún en concreto.
--
SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004 - 653262572 (de 9:00 a 14:00)