O Concello

Departamentos

* COORDINACIÓN E COOPERACIÓN INSTITUCIONAL EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO. 22/04/2013

COORDINACIÓN E COOPERACIÓN INSTITUCIONAL EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

CONVOCATORÍA DA MESAS INTERINSTITUCIONAL E TÉCNICA EN MATERÍA DE VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS.  

Hoxe venres día 19 de abril tivo lugar no salón de plenos do Concello de Camariñas a posta en marcha da Mesa Interinstitucional do concello de Camariñas en materia de violencia de xénero, como órgano articulado para favorecer a consolidación do itinerario de coordinación e cooperación interinstitucional.

Unhas das funcións que terá esta mesa é a de coñecer e analizar a realidade das distintas formas de violencia de xénero no noso concello. Analizar os recursos existentes e valorar a necesidade de novos recursos adaptados a mulleres e menores. Realizar propostas de actuacións co fin de melloras condicións de vida das vítimas. Propoñer melloras e actualizacións dos mecanismos de coordinación e intervención nos casos de violencia de xénero no municipio, entre outras.

Á convocatoria da mesa asistiu a Subdelegada do Goberno en Materia de Violencia de Xénero María Garaboa Vilariño a cal valorou positivamente  o bo traballo que se está a realizar dende os servizos sociais do noso Concello, así como da boa colaboración que existe coas demais institucións participantes, garda civil, policía local, policía autonómica.

Ademais da subdelegada asistiron o Sarxento da Garda Civil de Camariñas, dous representantes da Policía Autonómica, un representante da Policía Local de Camariñas, as profesionais dos Servizos Sociais e da Área de Igualdade e a Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, Mº del Carmen Linares Chica, responsable da concellería impulsora de esta iniciativa.

O remate desta mesa tivo lugar tamén a celebración da Mesa Técnica en materia de violencia de xénero, que ten unhas funcións más específicas de traballo e de tratamento de casos que se dan no concello.

Este é un proxecto moi ambicioso e necesario pois traballar de maneira áxil e coordinada, nun dispositivo de atención a vítimas de violencia de xénero é fundamental para a nosa cidadanía.

Moitas gracias pola súa colaboración,
Reciban un cordial saúdo
Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde  


© by Abertal