O Concello

Departamentos

* CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE 19/04/2013

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

A Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 19 de  abril de 2013 probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os certificados de profesionalidade son o instrumento da acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais no ámbito da Administración laboral, que acredita a capacitación para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación para o emprego e asegura a formación necesaria para a súa adquisición. 

Os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio nacional e serán expedidos polo Servicio Público de Empleo Estatal e os órganos competentes das Comunidades Autónomas.

O certificado de profesionalidade pódese obter a través da superación de todos os módulos formativos correspondentes ao certificado de profesionalidade, ou mediante a acumulación do módulo de prácticas non laborais e as acreditacións parciais dos módulos formativos asociados ás unidades de competencia que comprenda o certificado de profesionalidade.

O certificado de profesionalidade tamén se poderá obter mediante os procedementos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. 

Para acceder á formación dos módulos formativos dos certificados dos niveis de cualificación profesional 2 e 3 deberá verificarse que o alumno posúe os requisitos formativos e profesionais suficientes para cursar con aproveitamento a formación.

Ós alumnos que accedan ás accións de formación dos certificados de profesionalidade de nivel 1 de cualificación non se lles esixirán requisitos académicos nin profesionais.

Estas competencias poderanse demostrar a través da superación das probas que organice a administración pública competente. 

Estarán exentos da realización destas probas: 

a) As persoas que estean en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ó que desexan acceder.

b) Quen desexe acceder a un certificado de profesionalidade de nivel 3 e estea en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.

c) As persoas que desexen acceder a un certificado de profesionalidade de nivel 2 e estean en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.

d) As persoas que cumpran o requisito académico de acceso ós ciclos formativos de grao medio para os certificados de profesionalidade de nivel 2 e ós ciclos formativos de grao superior para os niveis 3, ou ben teñan superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.

e) As persoas que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

TODAS AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS DARÁN DEREITO A PODER CURSAR CALQUERA CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (NIVEL 1, 2 E 3)

As competencias clave que se esixirán para os novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, publicados a partir do 4 de setembro de 2008, dependerán da familia profesional ou área profesional, polo tanto, cada persoa debe ter en conta á hora de face-la solicitude as competencias clave necesarias e o nivel que se lle esixe para os futuros cursos que lle interesa realizar asociados a certificados de profesionalidade. As competencias clave que se convocan son as seguintes:

·  Comunicación en lingua galega
·  Comunicación en lingua castelá
·  Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
·  Competencia matemática
·  Competencias en ciencia
·  Competencia en tecnoloxía
·  Competencia dixital 


Prazo de presentación de solicitudes:
 Ata o 3 de maio de 2013.
Lugar de realización das probas: Recinto feiral de Silleda, en Silleda (Pontevedra).
Datas: 22 de xuño o nivel 2 e 23 de xuño o nivel 3. 

RESOLUCIÓN DO DOG:
 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130419/AnuncioCA05-110413-0007_gl.pdf

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN RELATIVA ÁS COMPETENCIAS CLAVE ASÍ COMO ALGÚNS EXEMPLOS DE PROBAS
http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA   981737004 / 653260746 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal