O Concello

Departamentos

* CALENDARIO DE PROBAS FÍSICAS E DE AGUDEZA VISUAL (PLADIGA) 2013 17/04/2013

CALENDARIO DE PROBAS FÍSICAS E DE AGUDEZA VISUAL (PLADIGA) 2013

A Consellería do Medio rural e do Mar vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 17 de abril unha resolución pola que se convocan para a realización das probas físicas e de agudeza visual os integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

Proba do banco. Categorías:

Técnico superior de defensa contra incendios forestais
Técnico forestal de defensa conta incendios forestais
Xefe de cuadrilla
Condutor de motobomba
Peón condutor
Peón de defensa contra incendios forestais 

Proba de agudeza visual. Categorías:
Vixilante fixo
Vixilante móbil 

As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un / unha colexiado / a en exercicio en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

Lugares de realización das probas:

A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto; rúa Alcalde Sanjurjo, s/n.
      

Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras); rúa Fihlarmónica Lucense s/n.       

Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas  s/n.       

Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Avenida Fernández Ladreda 22

Horario: Comezarán ás 8:30
As persoas aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas.

As persoas que teñan domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar. 

A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos das persoas aspirantes sendo a seguinte para cada provincia:  

DATA                           APELIDO

29 ABRIL 2013       A-B-C

30 ABRIL 2013       D-E-F-G-H-I

02 MAIO  2013      J-K-L-M-N-Ñ-O-P

03 MAIO  2013      Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z
 


Máis información:    
   
Consellería do Medio Rural e do Mar
http://medioruralemar.xunta.es  

Resolución do DOG:      
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130417/AnuncioG0165-110413-0003_gl.pdf
 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Descargas relacionadas


© by Abertal