O Concello

Departamentos

* OFERTA EMPREGO PÚBLICO CORPO DA GARDA CIVIL 2013 15/04/2013

OFERTA EMPREGO PÚBLICO CORPO DA GARDA CIVIL 2013

O Goberno, a través do Ministerio de Facenda e Administración Públicas, vén de publicar no BOE (Boletín Oficial del Estado) do 13 de abril de 2013 a oferta de emprego do Corpo da Garda Civil para o ano 2013. 

Ingreso directo: 134 prazas na Escala de Cabos e Gardas do Corpo da Garda Civil 

Reserva de prazas: Do total de 134 prazas convocadas resérvanse 67 ós militares profesionais de tropa e mariñeiría que leven polo menos cinco anos de servizos efectivos e 26 prazas para os alumnos do “Colegio de Guardias Jóvenes”.  

As prazas reservadas a militares profesionais de tropa e mariñeiría e ós alumnos do “Colegio de Guardias Jóvenes” que non sexan cubertas por calquera motivo acumularanse ó cupo de prazas libres. 

Promoción interna:  

-      Escala de oficiais: 80 prazas
-      Escala de suboficiais: 250 prazas ENLACE Ó REAL DECRETO DO BOE

http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/13/pdfs/BOE-A-2013-3899.pdf
 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal