O Concello

Departamentos

* RELACIÓN DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUIDOS EN VARIAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 05/04/2013

RELACIÓN DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUIDOS EN VARIAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de abril de 2013 pola que se publica a relación definitiva de admitidos / as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade en dúas categorías 

Categorías:  
 
- Técnico/ a superior en prevención de riscos laborais 
- Técnico/ a de grao medio en prevención de riscos laborais 

As listas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es

O estado de cada solicitude pode ser consultado polo / a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedien-e/sección de procesos 

Contra a a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso – administrativo competente. 

As persoas admitidas, con respecto aos resultados da baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada, direccións provinciais do organismo e direccións con competencias en xestión do persoal no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da súa publicación. 

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130404/AnuncioG0003-260313-0001_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 70 04 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal