O Concello

Departamentos

* Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos 03/04/2013

Prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de 3 anos

A Consellería de Traballo e Benestar establece as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas  menores  de tres anos  para o ano 2013.  

Poderán ser beneficiarios aquelas persoas que teñan menores de 3 anos ao 1 de xaneiro de 2013 (nados entre o 2-1-2010 e o 1-1-2013, inclusive) e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Tamén se poderán acoller a esta axuda no caso de fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.  

Contía: un pagamento único de 360 € por cada un dos fillos menores de 3 anos.

Requisitos
-         Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
-         Que os menores convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.  


Documentación
:

-         Solicitude segundo o modelo oficial, o Anexo I, cuberto e asinado pola persoa solicitante.
-         O Anexo II, cuberto e asinado polo outro proxenitor (parella ou cónxuxe do solicitante).
-         Copia do todas as follas do libro de familia.
-         Número da cartilla de aforros na que figure como titular o solicitante.
-         Volante de empadroamento colectivo da persoa solicitante expedido polo Concello. (*Se xa recibiu a axuda no ano 2012 non lle fai falla). Para Familias monoparentais, non vale volante, e necesario un certificado de empadroamento colectivo.  

Importante: Se o solicitante xa recibiu a prestación no ano 2012, só terá que enviar o Anexo I debidamente asinado pola persoa solicitante, sempre e cando se manteñan as mesmas circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito da prestación.  

Prazo: 10 de maio de 2013.

Para máis información nos Servizos Sociais
ou chamando ao telef.: 981-73 70 04.                 


Descargas relacionadas


© by Abertal