O Concello

Departamentos

* REDE XIANA 2 11/03/2013

REDE XIANA 2

CAMARIÑAS, MUXIA E ZAS SERAN AS SEDES DOS CURSOS FORMATIVOS ORGANIZADOS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS POLA REDE XIANA 2 DA DEPUTACION DA CORUÑA.

A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración cos Concellos de Camariñas, Muxía e Zas accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos da zona 12 composta polos concellos de Camariña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Muxia, Vimianzo e Zas.

A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

O CONCELLO DE CAMARIÑAS achega as súas instalacións municipais para a impartición de accións formativas de:

  • Obradoiros de emprego
  • Habilidades sociais e comunicativas
  • Alfabetización informática: internet
  • Responsabilidade Social
  • Busca de emprego e novas tecnoloxías
  • Apoio preparación para as probas de competencias clave
  • Condución económica y eficiente
  • Comercialización e venda electrónica
 NO CONCELLO DE MUXIA realizarase as accións formativas de:
  • Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión
  • Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios.
  • Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas
  • Montaxe e mantemento de redes eléctricas de alta tensión de segunda e terceira categoría e centros de transformación
 NO CONCELLO DE Zas realizarase a formacion en:
  • Atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  O prazo de solicitude dos cursos abriranse nestas próximas semáns. A inscrición realizarase nos diferentes Concellos pertecentes á zona 12. As persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizada e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.

O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.

Máis información nas Axencias de Desenvolvemento Local dos Concellos ou na web http://www.redexiana2.eu

Descargas relacionadas


© by Abertal