O Concello

Departamentos

* DENEGACIÓN CURSO DE GALEGO PREPARATORIO CELGA 4 08/03/2013

DENEGACIÓN CURSO DE GALEGO PREPARATORIO CELGA 4

Informámosvos de que a Xefatura Territorial da Coruña da  Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria vén de publicar no día de hoxe (08/03/2013) a Resolución da concesión de cursos de galego preparatorios das probas Celga. 

No caso do noso concello, como xa vos comunicamos con anterioridade, solicitamos un curso preparatorio do Celga 4, o dito curso non foi concedido quedando Camariñas en lista de agarda en 9ª posición polo que este ano vemos practicamente imposible poder impartir o mencionado curso. 

Si algún de vós estades interesados /as en realiza-los ditos cursos dicirvos que os máis próximos, ambos preparatorios para o Celga 4 desenvolveranse nos concellos de Vimianzo e Laxe. 

As persoas interesadas podedes contactar cos ditos concellos nos seguintes teléfonos: 

Concello de Vimianzo  981716001
Concello de Laxe       981706903


© by Abertal