O Concello

Departamentos

* DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 07/03/2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

PROGRAMA CONMEMORATIVO DO 8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER ÁREA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS    

Dende a Área de Igualdade do Concello de Camariñas poñémonos en contacto con vós para informarlles do programa que se vai a levar a cabo relativo ao Día Internacional da Muller no noso concello.

As TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) son unha potentísima ferramenta de visibilización e comunicación. Coa nosa mirada de xénero planeamos as TIC como unha ferramenta estratéxica de visibilidade, para concienciar e sensibilizar, e transformarnos nunha sociedade máis igualitaria.

Para facer posible esa visibilización da que falamos creamos o noso propio perfil nas Redes Sociais:

  • Facebook   (facebook.com/igualdade.camarinas)
  • Twitter  (@MullerCamariñas)
  • Instagram (@outrolado)

Internet facilitou a creación e expansión de redes de mulleres en todo o mundo có obxectivo de evitar a discriminación de xénero, alcanzar a igualdade real de oportunidades e mostrar esas voces e os saberes femininos habitualmente relegados. Dende a Área de Igualdade temos especial interés en visibilizar redes pola igualdade de xénero, e a súa vez crear a nosa propia rede entre todas as persoas e institucións que están levando a su experiencia e as súas reflexións relativas a igualdade de oportunidades ao mundo 2.0.  

Na mesma liña o vindeiro venres día 15 de marzo realizaremos no centro educativo I.E.S Pedra da Aguia a presentación do Blog Outro Lado da Área de Igualdade do Concello de Camariñas que ademais do dito anteriormente ten como obxectivo principal ser unha ferramenta fundamental para a denuncia de abusos e estereotipos que non queremos que pasen desapercibidos; así favorecer a toma de conciencia e a sensibilización ante esas discriminacións.  

Ademais de dar a coñecer o Blog Outro Lado, tamén presentaremos a Concurso Fotográfico “Implícate” na Igualdade, que se levará a cabo por medio das redes sociais e que terá por suposto repercusión no noso Blog. Neste concurso contamos coa  colaboración da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.  O obxectivo do concurso non é outro que premiar as instantáneas que mellor transmitan a necesidade dunha sociedade onde a igualdade entre mulleres e homes sexa unha realidade.    


Moitas grazas pola súa colaboración
Reciban un cordial saúdo
Mª del Carmen Linares Chica


© by Abertal