O Concello

Departamentos

* CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1 05/03/2013

CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1

A Xunta de Galicia convoca cursos gratuítos en liña para preparar a proba do Celga 1 de galego. 

Os cursos son de nivel elemental e están pensados para estranxeiros e para persoas que non teñan coñecementos de galego.

Destinatarios / as:
- Persoas maiores de 16 anos con coñecementos informáticos a nivel usuario que estean interesadas en preparar a proba do Celga 1 que terá lugar en Santiago de Compostela o 9 de xuño. 

Prazo de matrícula
: do 4 ó 14 de marzo (ambos os dous incluídos) 

Para matricularse: 

Enviar unha mensaxe electrónica ó enderezo sxpl.formacion@xunta.es Non será admisible outra forma de inscrición. Na mensaxe indicarase: 

-  Nome e apelidos
-  DNI con letra
-  Enderezo electrónico e teléfono de contacto
-  Lugar de residencia
-  Nivel de estudos

A selección farase por rigorosa orde de matrícula ata cubrir as 150 persoas que se admitirán nos cursos. 

As persoas admitidas serán convocadas para, xusto antes de empezar o curso ter unha reunión co titor / a.  

Datas dos cursos:
do 1 de abril ó 7 de xuño  

Importante:
 

-  Face-lo curso non da dereito a ningún tipo de certificado
-  Os cursos son voluntarios, preparatorios da proba do Celga 1 e gratuítos.  

Máis información:

http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga 
Xunta de Galicia. 981 957654 – 981 544402 – 981 546835 
ou contactar coa orientadora laboral do concello
Casa de Pedra 981737004 / 653260746
Luns a venres: 8:00 – 15:00


© by Abertal