O Concello

Departamentos

* APERTURA DE LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 27/02/2013

APERTURA DE LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

No DOG (Diario Oficial de Galicia) número 39 do 25 de febreiro de 2013 publícase unha resolución da Dirección de Recursos Humanos pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listaxes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade. 

As categorías abertas son: 

- Técnica / o superior de sistemas e tecnoloxías da información.
- Técnica / o de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
- Técnica / o especialista de sistemas e tecnoloxías da información
- Cociñeira / o
- Pinche 

A inscrición resultará obrigatoria para todas as persoas interesadas en figurar nas listas que se elaboren en cada categoría, figurasen ou non inscritas nas listas da mesma categoría elaboradas ao abeiro do Pacto do 24 de maio de 2004.

As persoas interesadas en formar parte das listaxes deberán formaliza-la solicitude de inscrición a través do curriculo profesional habilitado electronicamente na páxina web www.sergas.es, na epígrafe (FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos) na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012, pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 92, do 15 de maio). 

O modelo normalizado de formulario de inscrición estará dispoñible no dito sistema. Logo de formalizalo electronicamente pola / o interesada/o, deberá imprimirse para a súa presentación en formato papel a través do preceptivo rexistro administrativo.

Na inscrición farase constar expresamente a/as categoría/as á/ás que se opta e ámbito territorial de dispoñibilidade e demais declaracións que constan no modelo de inscrición. 

Prazo de solicitude para a xeración das primeiras listas: poderanse formalizar as solicitudes do 26 de febreiro ata o 25 de marzo de 2013. Os méritos computables serás os causados ata o 10 de marzo de 2013 que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes. 

Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición no expediente electrónico con posterioridade ó 25 de marzo de 2013, a/o aspirante figurará na seguinte xeración de listas que se efectúe nas respectivas categorías. 

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130225/AnuncioG0003-180213-0001_gl.pdf

ENLACE INSCRICIÓN EXPEDIENT-E:
https://fides.sergas.es/FIDES/html/public/irAcceso.action 

PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal