O Concello

Departamentos

* CURSOS DE BUSCA DE EMPREGO 22/02/2013

CURSOS DE BUSCA DE EMPREGO

O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), servizo da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo, organizou o mércores un obradoiro sobre busca de emprego.

Este primeiro obradoiro de varios que se van celebrar nos meses de febreiro e marzo titulouse “Busco traballo, por onde empezo”.

No obradoiro informouse sobre as principais fontes de información para o emprego, así como dos recursos de emprego e formación existentes na zona e a forma de acceder ós ditos recursos. Tamén se traballou a selección do obxectivo profesional.

Durante a sesión repartiuse documentación e expuxéronse vídeos que consideramos de utilidade. A documentación atópase en www.camarinas.net no apartado de Orientación Laboral.

Asistiron 12 veciños do municipio aos que se lle pasou un cuestionario de avaliación. Os usuarios puntuaron un alto grao de satisfacción. O 83% consideraron o contido do curso entre bo e moi bo. Todos e todas manifestaron que a duración do curso foi axeitada e non ter botado nada de menos. En canto a avaliación da docente, a orientadora laboral, e o material entregado foi valorado de forma unánime tamén positivamente.

O próximo obradoiro será o 27 de febreiro, “Curriculum e cartas de presentación”. Nesta xornada veranse os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. As persoas asistentes poderán elaborar o seu c.v. así como modelos de cartas na aula informática do concello.

Para poder participar no curso é obrigatorio inscribirse con anterioridade nas instalacións municipais da Casa de Pedra coa orientadora laboral de luns a venres de 8:00 a 15:00, nos teléfonos 981737004 ou 653260746 e no email mseijas.desenvolvemento@camarinas.net.


© by Abertal