O Concello de Camariñas solicitou á Consellería de Traballo e Benestar cursos para persoas desempregadas.
Un deles é o de Ebanisteria, especialidade formativa prioritaria da Comarca Terra de Soneira onde Camariñas é o único centro homologado pola Consellería. No entanto, fai máis de 3 anos que a Xunta non concede este curso prioritario a Camariñas.
Outro é atención sociosanitaria a persoas dependentes nos domicilios.
Ademais o Concello colabora con diferentes entidades para que se impartan os seguintes cursos para desempregados en Camariñas. Estas entidades ten solicitadas á Consellería distintas especialidades. A Asociación Galega de Emprendedores solicitará o Curso Atencion sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais en Camariñas. A Federación Galega de redeiras artesans “O Peirao” solicitará o Curso de redeiras: Confección e mantemento de artes e aparellos de pesca.
Por último, no programa de formación para persoas desempregadas da RedeXiana2 da Deputación da Coruña, aínda non iniciado, Camariñas está seleccionada como centro para realizar as seguintes accións formativas: Obradoiros de emprego, Habilidades sociais e comunicativas, Alfabetización informática: internet, Responsabilidade Social, Busca de emprego e novas tecnoloxías, Apoio preparación para as probas de competencias clave, Condución económica y eficiente, e Comercialización e venda electrónica.
Iremos informando da apertura dos cursos, sempre que os concedan, en www.camarinas.net e nos facebook de ADL e do Concello de Camariñas.
SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004 - 6653262572 (de 9:00 a 14:00)