O Concello

Departamentos

* Convocatoria de probas 2013 18/02/2013

Convocatoria de probas 2013

Convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de febreiro o procedemento para a realización de exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2013 nas seguintes especialidades: 

-  Operador / a industrial de caldeiras
-  Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-  Instalador / a de gas, categoría A
-  Instalador / a de gas, categoría B
-  Instalador / a de gas, categoría C
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
-  Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
-  Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
-  Carné profesional de operador / a de guindastre torre
-  Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
-  Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
-  Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
-  Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
-  Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados. 

 REQUISITOS: 

-     Estar en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente 
-     Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente. 

TASAS DE EXAME: 38,37 €.
 

PRAZO:
-  Convocatoria ordinaria: Do 25 de febreiro ó 8 de marzo de 2013
-  Convocatoria extraordinaria: Do 1 ó 12 de xullo de 2013
        
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130218/AnuncioG0164-080213-0002_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal