En cumprimento do Decreto desta Alcaldía de data 11/022012, anunciase a licitación, mediante poxa, de autorización para a instalación dunha cafetería dentro do recinto de celebración da XXIII Mostra do Encaixe.
1.- Entidade adxudicataria: Concello de Camariñas.
2.- Obxecto: autorización para a instalación dunha cafetería dentro do recinto de celebración da XXIII Mostra do Encaixe.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: poxa.
4.- Tipo de licitación: 700,00 € (setecentos euros).
5.- Garantías:
Provisional: Non.
Definitiva: Si
6- Obtención documentación:
Lugar: Concello de Camariñas, praza de Insuela, núm. 57
Localidade: Camariñas
CP: 15123
Teléfono: 981736000
7- Presentación de ofertas:
a) Prazo: Dez días naturais desde a publicación dos correspondentes anuncios no taboleiro de edictos do Concello e na páxina Web do Concello de Camariñas (www.camarinas.net) en horario de de 9:00 a 14:00 horas (de luns a venres ) e de 9:00 a 13:00 horas ( os sábados)
b) Documentación a presentar: a sinalada nos pregos.
c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Camariñas.
8- Apertura de proposicións (oferta económica): No lugar, día e hora que sinale no taboleiro de anuncios do Concello de Camariñas.