O Concello

Departamentos

* Programa InterRedeiras 01/02/2013

Programa InterRedeiras

A axencia de desenvolvemento local do Concello de Camariñas ven colaborando coa Federacion Galega de Redeiras “ O Peirao” nestes anos.

Máis de 60 mulleres de Camariñas mostraron o seu interese por formarse nesta profesión e o Concello de Camariñas na busca de apoiar aos intereses destas mulleres e xerar emprego no sector vinculado ao mar,  colabora coa federación en actividades de divulgación e formación do colectivo de redeiras.

Nestes anos Camariñas foi sede para a realización da formación solicitada para desempregados e desempregadas dos cursos subvencionados pola Consellería de Traballo pola federación galega de redeiras, pero ata o de agora non foron aprovados. Esta solicitude de formación volverá a realizarse por parte de Federacion “O Peirao” neste exercicio 2013 á Xunta de Galicia.  

Na colaboracion coa Federación de Redeiras enmarcase esta mesa de traballo que terá lugar o 14 de febreiro ás 11:00 horas no Centro de Iniciativas de Camariñas. O programa previsto é:  

Programa:  

A Federación Galega de Redeiras Artesas “ O Peirao”.
Asociacionismo no sector do Mar. 
Profesionalización do sector. Acreditacións Profesionais e Formación (cualificación profesional)  
Programas realizados pola Federación. Diversificación do traballo das Redeiras Galegas. 
Coloquio   

Ponentes: 
Rosa Isabel Rodríguez Vidal. Presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesas “ O Peirao”.
Ángeles Millé Rodríguez. Secretaría da Federación Galega de Redeiras Artesas “ O Peirao”.

Descargas relacionadas


© by Abertal